Mapa mañá:Mapa tarde:Mapa noite:Comentario xeral para Galicia:O domingo en Galicia será unha xornada de transición en espera dunha nova fronte que se achegará cara á madrugada do luns. Deste xeito, durante o día os ceos estarán maioritariamente anubrados con algúns chuvascos ocasionais máis concentrados en zonas do litoral e interior de Pontevedra e zonas altas; xa pola noite comezarán precipitacións máis persistentes polo oeste que serán puntualmente moderadas e que se irán estendendo progresivamente ao longo da noite e madrugada do luns. A cota de neve estará sobre os 1000 metros, subindo aos 1200 metros pola noite. As temperaturas non terán cambios significativos en xeral, con descensos na metade sur principalmente nas mínimas. Os ventos soprarán do sudoeste frouxos no interior e con intervalos moderados no litoral, rolando máis ao sur pola noite e incrementándose a fortes con intervalos de moi fortes no litoral norte.Tendencia temperaturas máximas:Tendencia temperaturas mínimas: Concello MIN MAX Concello MIN MAX A Coruña613Ourense211Ferrol613Pontevedra512Lugo29Santiago de Compostela39Vigo612 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario