Mapa mañá:Mapa tarde:Mapa noite:Comentario xeral para Galicia:Un centro de baixas presións irase achegando progresivamente a Galicia durante esta xornada, notándose os seus efectos no vento durante o día e nas chuvias xa pola noite. Deste xeito a xornada comezará con nubes altas en xeral e soamente veremos os ceos con intervalos de nubes baixas no oeste da Coruña e puntos das Rías Baixas. Cara á noite estas nubes irán entrando progresivamente e un sistema frontal asociado á borrasca atravesará o territorio galego, deixando chuvias puntualmente moderadas que percorrerán Galicia de oeste a leste durante a noite e a madrugada do luns. As temperaturas estarán sen cambios con lixeiros ascensos das mínimas. Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes no litoral e zonas altas do interior e moderados no resto.Tendencia temperaturas máximas:Tendencia temperaturas mínimas: Concello MIN MAX Concello MIN MAX A Coruña1215Ourense516Ferrol1115Pontevedra1015Lugo612Santiago de Compostela1013Vigo1115 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario